IMOS DE CONCERTO!
O xoves 18 de Marzo os alumnos de 3º CICLO de EDUCACIÓN PRIMARIA asistirán ao concerto "OS INSTRUMENTOS DA ORQUESTRA".
Aí van unhas cousiñas para ir entrando en materia.


O xoves 18 de Marzo os alumnos de 3º CICLO de EDUCACIÓN PRIMARIA asistirán ao concerto "OS INSTRUMENTOS DA ORQUESTRA".
Aí van unhas cousiñas para ir entrando en materia.


Érase unha vez que un compositor chamado Camille Saint-Saëns decidiu escribir unha obra musical que fora moi divertida. Pensou que o mellor momento para facelo era na festa do ENTROIDO.
Que podía facer, a quen podía disfrazar e con que...?
Despois de moito pensar tivo a xenial idea de disfrazar a diferentes animais utilizando a música.
Se pechamos os ollos e utilizamos a nosa imaxinación atoparemos diferentes animais, agachados entre as notas que saen dos instrumentos!!!
Por certo, sabedes que instrumentos escoitamos en cada animal?
![]()

CONTESTA AS SEGUINTES PREGUNTAS:
- EN QUE CIDADE NACEU?
- EN QUE CONTINENTE ESTÁ DITA CIDADE?
- EN QUE CIDADE MORREU?
- EN QUE CONTINENTE ESTÁ DITA CIDADE?
- SE VIVIRA ACTUALMENTE CANTOS ANOS TERÍA?
- QUE TIÑA EN COMÚN CON CHARLES DARWIN?
- QUE INSTRUMENTOS TOCABA?
- ONDE ESTUDIOU MÚSICA?
- CAL É O NOME DA OBRA QUE ESTUDIAREMOS ESTE CURSO? ( UNHA PISTA: fai referencia a unha festa que celebraremos moi pronto )

Contactar co autor | Arquivo | ¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis