Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

CEIP Cruceiro

03/12/2009 GMT 1

HOMENAXE DA COMUNIDADE EDUCATIVA

cruceiro @ 13:55

Paxariños de papel, flores de cartolina, camellos de cartón, marionetas de sombras.

Tras as cortinas a súa silueta de barba mesta, a súa voz de sumas e restos movendo o seu mundo de fantasía, facendo xirar a noria da risa, provocando gargalladas nos seus nenos que ao fin e ao cabo era o que lle importaba.

Profesor, por fin tes un colexio novo, a túa clase amplia como o mundo, extensa como o universo.

Quen te verá curioseando cos buracos negros, buscando auga na lúa, encendendo a mecha das estrelas xa caducas, chivándolle aos nenos as respostas de preguntas imposibles nos exames da vida,pois nos outros nunca creeches.

Hoxe fun a ver a casa dos paxaros a Punta Vicaño e non topei ningún, preguntei por eles a un paxaro vello que non podía voar, e díxome que se foran voando tras da estela do profe Hermida no seu viaxe ao mundo das estrelas.

Agora durme acurrucado nos sus niños de palla agardando o verbo e o substantivo, o sujeto e o predicado, a división e os quebrados, pero sobre todo o que máis desexa é escoitar a sorrisa dos nenos, dos seus nenos.

             ¿Como voan os paxaros?

             ¿Como nacen as flores?

             ¿Como crecen as setas?

            Profe Hermida, profe Hermida, quen encende o Sol?

            Agora el voa como un paxaro

           E libre como as flores

           Escóndese de nos como as setas

           entre os montes que tanto amou.

         AGORA É EL O QUE ENCENDE O SOL

                                          Xavier Villalustre

Comentarios

Comentarios(18) »

  1. Sinxelamente precioso!!! un dos mellores recordos que poidamos ter do noso querido profe Hermida.

    Boa viaxe, COMPAÑEIRO!!!!

    Jorge | 03-12-2009 - 15:43:00 GMT 1 #

  2. Moi bonito. Seguro que a el lle houbera gustado porque todo aquilo que implicara os paxaros era do gosto del. Imolo botar moito de menos. Ata sempre, profe Hermida.

    maria | 03-12-2009 - 15:55:45 GMT 1 #

  3. Quédome sin palabras...Ata sempre profe Hermida

    elisa | 03-12-2009 - 21:32:16 GMT 1 #

  4. Os paxaros, as setas, a papiroflexia...os nenos...e os profes.
    Temos unha débeda enorme contigo, querido Hemida!

    PEQUE | 03-12-2009 - 23:18:58 GMT 1 #

  5. Perdonad si no escribo en gallego, lo entiendo pero no lo escribo.
    Yo fui alumno de jose manuel hace como unos 34 años en barcelona y he mantenido su amistad personal desde entonces a pesar de que hace ya tiempo que no nos vemos.
    Habeis tenido mucha suerte de haberlo tenido con vosotros por que era un gran profesor y una muy bellisima persona, seguro lo vais a echar en falta.
    Descansa en paz jose y hasta siempre.

    Juan Carlos | 03-12-2009 - 23:22:10 GMT 1 #

  6. Moitas grazas Javier por crear e compartir este texto tan fermoso e axudarnos a expresar o que todos sentimos.Lembro a primeira flor de papel que o profe Hermida me agasallou recén chegada eu a este marabilloso colexio.Era amarela.Non se me ocorre outra acollida mellor.Esta tarde fun pasear co meu fillo a Punta Vicaño,eu tampouco atopei aos paxaros.Mentres o meu fillo, inocentemente alleo á miña tristura, rompía o silencio do lugar ,eu pensaba que mañá contareilles aos nenos o conto do Galo Quirico.Ese conto que o noso ben querido profe Hermida nos dixera o curso pasado que era o seu preferido.
    Profe Hermida,entre as verbas dos contos estarás sempre e entre as risas dos nenos,das nenas,e entre o voar dos paxaros!!!.Non te esquecerei MESTRE.

    Lidia | 03-12-2009 - 23:27:18 GMT 1 #

  7. sinxelamente e moi bonito emoi trise pero e o unico recordo de Hermida

    Daniel Vidal Gonzalez | 04-12-2009 - 11:42:09 GMT 1 #

  8. Onte Noa, a miña filla, mentres lle poñía o seu pixama, tiña tristura nos seus ollos, pregunteille se estaba triste mais díxome que non, que estaba moi "preocupada", pregunteille por qué e díxome que polo profe Hermida, que xa non ía estar e había nenos e nenas que choraban moito por el (nomeoume a Irene e a Carmen), e ela estaba preocupada por elas, porque estaban tristes e máis polos paxaros, que quén os coidaría.
    Tiven que confesarlle a miña tristura e que me acordaba perfectamente cando eu percorría esos corredores como alumna e el estaba alí. Porque el sempre estaba alí, para o que precisaras.
    Gran Mestre, mellor persoa.
    Preciosas verbas Xabier!.

    Sandra Fdez. Agraso | 04-12-2009 - 13:30:20 GMT 1 #

  9. Este poema reflicte moi ben o que era o profesor Hermida,unha persona especial,gardarei con agarimo o debuxo que me deches

    Cristina | 04-12-2009 - 17:59:34 GMT 1 #

  10. TE QUEREMOS MUCHO , PROFE HERMIDA LOS DE 3 B Y YO EN ESPECIAL . TE ECHARE MUCHISIMO DE MENOS ME ENCUENTRO TRISTE
    POR DENTRO. IRENE GUIMIL VAZQUEZ.

    UN BESO MUY GRANDE PARA EL CIELO.

    IRENE GUIMIL VAZQUEZ | 05-12-2009 - 12:59:15 GMT 1 #

  11. Nunca te esquereceremos,fostes un profe e unha persoa xenial. O curso de 1986 contigo como profe de ximnasia foi inolvidable, grazas por todo profe!

    rosy | 05-12-2009 - 19:20:04 GMT 1 #

  12. Hermida, ninguén mais ca ti sería capaz de provocar tantas emocións e tanto sentimento. É moi bonito ver tanto cariño e compartilo con todos os que che coñecían. Un BIQUIÑO, AMIGO!!!

    Merce | 06-12-2009 - 16:18:00 GMT 1 #

  13. Un profe xenial un compañeiro exepcional.
    As palabras non poden reflectir todo o que pensamos adícote unha mirada como ti a mim cando nos despedimos.
    Bicos
    Ana Teresa

    Ana Teresa | 07-12-2009 - 18:40:10 GMT 1 #

  14. Precioso poema...yo por mi parte tengo que añadir un agradecimiento personal...por inculcarme el interés por la lectura, el amor por la naturaleza, por hacernos disfrutar tanto de esas tardes de teatro, y sobre todo por estar siempre ahí, con una sonrisa.
    Sin duda te acharemos mucho de menos.

    Mari Luz Moldes Fernandez | 09-12-2009 - 11:56:01 GMT 1 #

  15. Recuerdo una noche, cuando todavía era muy niña, yo estaba llorando desconsolada porque le tenía miedo a la muerte y que gente a la que yo quería se muriera. En aquel momento mi padre logro calmarme y supo explicarmelo con la mayor ternura y delicadeza. Pero hubo algo que se le paso por alto, explicarme cómo aprender a vivir sin alguien que nos deja y en este caso cómo aprender a vivir SIN EL.
    Os contaría miles de historias sobre mi padre pero todavía no me encuentro con ánimos para ello.
    Os agradezco de corazón a todos el cariño que habeis transmitido a la familia en estos momentos tan duros.
    A súa filla Noelia Hermida.

    Noelia Hermida Muñoz | 09-12-2009 - 12:43:11 GMT 1 #

  16. Han pasado ya varios días desde que nos dejó y el dolor y la incredulidad por lo ocurrido siguen ahí, no puedo pensar en ello sin que las lagrimas acudan a mi rostro, es por eso que no puedo ni imaginar lo que su familia estara sufriendo.
    He de decir sin embargo que me reconforta el hecho de entrar en este blog y leer los comentarios de otras personas a las que al igual que a mi hija, el profe Hermida hizo sentir que eran especiales e importantes, es como una forma de retenerlo entre nosotros, .
    Me gustaría si me lo permitís contaros mi primer recuerdo de Hermida, él estaba en la sala de profesores y aunque ya era profesor de mi hija todavía no habiamos tenido la oportunidad de conocernos, estaba terminando una inmensa gaviota de papel a tamaño natural, y no sé lo que maravilló más, si la perfeccion de la figura o la ternura con la que él la miraba, como esperando que de un momento a otro remontase el vuelo, no pude evitar quedarme allí un rato mirandolo y por un momento hasta yo creí que lo haría.... tal vez ahora los dos lo estén haciendo

    madre de alumna | 10-12-2009 - 05:20:28 GMT 1 #

  17. Hola profe Hermida:
    Xa estamos preto do Festival de Nadal e coma tódolos anos teremos algunha obriña de teatro, algún chiste "made in feito na casa", algún contiño na túa pantalla de sombras...
    Pero non ten esquezas do que me prometeches, eses monólogos coa chispa e retranca tan peculiares en tí, e sobre todo dese reiciño (non podo falar máis que hai nenos espertos), que sempre están no meu pensamento.
    Moi contento tes que estar, posto que un profesional coma ti non pode facer máis que deixar un legado como o que se ve reflexado en tantos e tantos sentementos que están aflorando. Pero como bo amante da natureza xa sabes: "o que sembra recolle" e non che vou a pór colorado con máis piropos aínda que teño que destacar a túa capacidade para integrar e atemperar que sempre son tan necesarias en calquer grupo, e nunha comunidade educativa non pode ser menos.
    Unha aperta amigo e sempre connosco.

    josé manuel | 13-12-2009 - 21:28:52 GMT 1 #

  18. CARTA ABERTA O MESTRE "FORMIGA" DO CEIP O CRUCEIRO DE VILALONGA QUE FALECEU ESTA MADRUGADA TRAS UNHA LONGA ENFERMIDADE.

    QUERIDO MESTRE, SON PAI CUNHA FILLA DE 7 ANOS QUE HOXE AO CHEGAR DA ESCOLA, E DAS SÚAS ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES DE PINTURA, AO ENTRAR POLA PORTA DA CASA DERRUBOUSE A CHORAR, POIS AINDA QUE NON FOI ALUMNA SÚA, SI RECORDA DESDE OS CINCO ANOS QUE CHEGOU A ESTE CALOROSO E BO CENTRO EDUCATIVO, OS SEUS AGARIMOS, OS SEUS CONSELLOS E COMENTARIOS POIS SEI MOI BEN QUE SE ENVOLVÍA NO CARIÑO DOS RAPACES, NA COMPLICIDADE CON ELES, NO RESPETO E NA COMPRENSIÓN NON SÓ PARA GAÑALOS SENON TAMÉN PARA QUE ELES MESMOS DESENVOLVESEN OUTRAS APTITUDES E COMPORTAMENTOS.

    ENTEREIME DA SÚA MORTE HOXE POLA MAÑÁ, A TRAVÉS DUN SILENCIO E DAS MIRADAS BAIXAS DO LUGAR DE VILALONGA ONDE PAREI A TOMAR UN CAFÉ, DESPOIS COMENTÁRONME NO COLEXIO QUE TIÑA POR META CHEGAR AO FESTIVAL DO NADAL E XA ANDABA MAQUINANDO O SEU PAPEL PARA QUE OS NENOS E NENAS, E TAMÉN OS MAIORES DISFRUTÁSEMOS COMA TODOS OS ANOS, NON PUIDO SER, NON PODERÁ ESTAR FÍSICAMENTE, PERO SI A SÚA IMPRONTA, A PEGADA DO SEU TRABALLO DURANTE TANTOS ANOS, O AMOR E HUMILDADE TRASMITIDO A TANTAS XERACIÓNS DE NENOS A TRAVÉS DA CONVIVENCIA PORQUE VOSTEDE É DOS MESTRES QUE DIN CA LETRA CON AMOR E NON CON SANGUE ENTRA. E POR ELO QUE ESTE CENTRO, OS SEUS ALUMNOS E PROFESORADO QUEDARON XA IMPREGNADOS DO SEU ESPÍRITO PACÍFICO E CHEO DE VALORES QUE NON SE DEBERÍAN ESQUECER.

    UN DÍA CANDO A MIÑA FILLA VOTOU A CORRER CARA A VOSTEDE CHEA DE LEDICIA PARA ABRAZALO, CHAMOUNO "PROFESOR FORMIGA, PROFESOR FORMIGA...", E CANDO EU QUIXEN CHAMARLLE A ATENCIÓN Á NENA, VOSTEDE CORRIXEUME CARIÑOSAMENTE DICINDO "TEÑO UN CONTRATO CON ELES, ELES PODEN CHAMARME ASÍ, EU E MAIS ELES ENTENDÉMONOS E NON HAI PROBLEMA, NON É FALTA DE RESPECTO CARA MIN, SENON TODO O CONTRARIO". PEDINLLE DESCULPAS POLA MIÑA IGNORANCIA E CONTOUME QUE ESTABA DE BAIXA, DESPEDÍNDONOS CO SEU SINXELO SORRISO E UN ATA LOGO. ENTON ENTENDÍN QUE A MIÑA FILLA LEVABA TEMPO SEN, VELO E POR ISO A SÚA LEDICIA, E NAQUEL ENTÓN REFLEXIONEI SOBRE O GRAN DE TESOURO QUE GARDA CON VOSTEDE E QUE É INALTERABLE Á MORTE: OS SEUS PRINCIPIOS, OS SEUS VALORES, A SUA VOCACIÓN INNATA PARA COS NENOS E O SEU DISFRUTE CO SEU TRABALLO, QUE MÁIS PODE PEDIR UN PAI QUE SENTIR QUE O MESTRE DOS SEUS FILLOS E MÁIS QUE UN DOCENTE, É O AMIGO, A CONTINUACIÓN DO PAI E DA NAI QUE FICA HORAS TRABALLANDO E QUE COMO NON PODE SER DE OUTRA MANEIRA TÓRNASE NUNA EFICAZ FERRAMENTA DE CRECEMENTO DOS NOSOS FILLOS TANTO COMO PERSOAS COMO RESPECTO AOS SEUS COÑECEMENTOS E APRENDIZAXE COA VOLTA A CASA E A NOSA IMPLICACIÓN PARA QUE O SEU TRABALLO NON SEXA UN PUNTO E APARTE.

    AS FORMIGAS FAN UN TRABALLO FERMOSO, SILENCIOSO, NUNHA SOCIEDADE ORGANIZADA ONDE TODOS OS SEUS MEMBROS RECOLLEN PARA QUE NINGUÉN PASE FAME, ONDE O TRABALLO REPÁRTESE ENTRE TODOS PARA BENEFICIO DE TODOS, NUN TRABALLO QUE É FROITO DA CONSTANCIA E NON DA CASUALIDADE, E ASÍ TRABALLOU VOSTEDE, E COMO BOA FORMIGA AGORA ENTENDO POR QUE DESDE O PRIMEIRO MOMENTO NO QUE A MIÑA NENA ENTROU NO CRUCEIRO, ACUDÍN ÁS REUNIÓN DA APA CHEA DE NAIS E PAIS, E VIN O BO AMBIENTE E O EQUILIBRO ALCANZADO ENTRE PAIS E DOCENTES, A CALIDADE DO ENSINO MÁIS ALÓ DAS VELLAS INSTALACIÓNS, ENTENDÍN QUE TODO ESTO QUE TANTO DESEXAN OUTROS CENTROS, AQUÍ É UNHA REALIDADE POLA QUE VOSTEDE PUXO O SEU GRANDE SEMENTEIRO AO IGUAL QUE OUTROS MESTRES QUE SEGURAMENTE O ESTARÁN PASANDO MOI MAL E AOS CALES LLE TRANSMITO O MEU ÁNIMO, E O MEU BERRO PARA QUE NON MORRA O ESPÍRITO DESTE BO HOME E BO MESTRE QUE HOXE CHORAN MOITOS NENOS E COMPAÑEIROS, E POR SUPOSTO AS MIÑAS CONDOLENCIAS E UNHA FORTE APERTA PARA A SÚA FAMILIA AOS QUE SÓ PODO DICIRLLES QUE SEMPRE QUE VEXAN AOS NENOS CORRER FELICES NO RECREO, EN FILA A CARÓN DALGUNHA ACTIVIDADE FÓRA DA AULA, A ALGÚN MESTRE LEVANTANDO DO CHAN OU CONSOLANDO E MIMANDO A UN NENO, AÍ ESTARÁ SEMPRE JOSE, O "PROFESOR FORMIGA".

    EN NOME DUN PAI E DA SÚA FILLA, QUE SEGURAMENTE SERÁ O SENTIR DE MOITÍSIMOS OUTROS PAIS E OS SEUS NENOS QUE TIVERON A HONRA DE COÑECELO.

    JOSE M PUENTE MÁRQUEZ | 21-12-2009 - 12:29:27 GMT 1 #

Deixar un Comentario


<a href> <em> <blockquote> <strong> <cite> <code> <ul> <li> <dl> <dt> <dd>

Contactar co autor | Arquivo | ¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis