SEMANA DA PAZ
NON HAI CAMIÑOS PARA A PAZ. A PAZ É O CAMIÑO
(GANDHI)

Durante esta semana estamos facendo actividades relacionadas coa PAZ:
- lectura, proxección e debate do conto "NEGROS E BRANCOS".
- lectura de poemas relacionados coa PAZ.
- elaboración de poemas, frases e debuxos sobre a PAZ.
- participaciòn das familias en diversas actividades nas aulas: contacontos, lectura de poemas, debate cos nenos...
- elaboración de pombas da paz, nas seccións bilingües, utilizando diferentes técnicas artísticas.
- canción e danza con "AMIGUIÑOS TODOS".
- pintura de murais nun dos muros do colexio.
- escoita de música coa temática da PAZ durante os recreos...
A semana rematará cun acto, que queremos abrir a toda a Comunidade Educativa e mais ao pobo de Vilalonga, que se celebrará o venres, día 29, na alameda, ás 12.15 horas.
NO CASO DE QUE CHOVERA APRAZARÍASE PARA A SEGUINTE SEMANA
clica na boneca para escoitar "AMIGUIÑOS TODOS"
![]()

Chúzao
del.icio.us









JAJAJA
Que bonito. Non deixa de maravillarme a vosa web, Canto traballo, ilusion e cariño.
Angeles | 29-01-2010 - 18:58:23 GMT 1 #